SAMAÍN EN INFANTIL
Nas aulas de 3 anos, as Xirafas e os Elefantes coñeceron o conto: Corre, corre, cabaciña, unha historia que inspirou aos máis pequenos/as a participar en diferentes actividades.
1. Protagonistas do conto
Convertíronse nos protagonistas do conto creando a súa propia cabaza para agocharse das “feras”, igual que na historia. Esta actividade non só estimulou a súa creatividade, senón que tamén reforzou a motricidade fina ao usar diferentes materiais e técnicas plásticas.
Aula das Xirafas Aula dos Elefantes
2. Beebot: Programación e robótica
Os nenos e nenas de 3 anos introducíronse no mundo da robótica e a programación coa axuda do noso amigo Beebot. A través desta actividade, os nenos/as programaron ao robot para moverse pola historia do conto, traballando así habilidades como o pensamento lóxico e a orientación espacial.
Comentarios