CLUBE DE LECTURA

 Á volta das vacacións de Nadal tivemos a 2º xuntanza do clube de lectura para a posta en común do libro "Milú, e o edificio das persoas extraordinarias" de Abel Tomé.

Unha fabulosa historia sobre o poder da imaxinación infantil para soñar por un mundo mellor. No edificio Les Marginaux, situado na cidade de Parisia viven nenos e nenas que teñen un don especial que os fai extraordinarios e únicos. Todos xuntos conseguen o imposible e conseguen quedarse a vivir nos seus fogares, transformando en tenrura, audacia, amor, humor e esperanza a realidade que padecen multitude de persoas a diario, vítimas das grandes desigualdades do mundo.


Despois de reflexionar sobre a lectura, creamos o noso propio edificio das persoas extraordinarios do Castelao. 

O martes 28 de enero fixemos a primeira saída do alumnado do clube de lectura á Biblioteca Pública Juan Compañel onde puidemos profundizar no funcionamento da biblioteca, organización, materiais que podemos atopar... e incluso fixemos unha busca do tesouro para conseguir unha chave máxica que abriría unha sala chea de libros marabillosos.
Rematamos a xornada cun chocolate con churros ben quentiño!

                                              


Comentarios