MIGUEL ANXO ALONSO DIZ
O alumnado de 3º de Primaria recibiu unha visita moi especial: a do escritor Miguel Ángel Alonso Diz, autor do libro Axencia Galega de Asuntos Máxicos.
Durante o encontro, Miguel Ángel falounos da súa obra e contounos como nacen as historias. Descubrimos que neste libro Gabriel e a súa veciña Lucía entran nun mundo cheo de misterio, fantasía e personaxes da mitoloxía galega, un universo máxico que está moito máis preto do que parece.
Un dos momentos que máis nos gustou foi cando nos falou dos homes de bigote e doutras curiosidades sorprendentes que aparecen no libro. Escoitalo foi como abrir unha pequena porta á imaxinación.
Pasámolo moi ben, fixemos preguntas e aprendemos que as historias poden estar cheas de maxia, aventura e tamén de humor.
Moitas grazas, Miguel Ángel, por compartir connosco esta experiencia tan especial!

Comentarios