Conto viaxeiro da Maga Tomasa 2ª parte


  • Entón "Brujita" dixo:
  • - Vou facer un disfraz de monstruo.
  • E pronunciou as palabras máxicas
  • -"Abra-cadabra, pata de cabra, que apareza un disfraz de monstruo"
  • E por arte de maxia encontrouse metida nel. Rápidamente foi a mirarse no espello, non se recoñecía. ¡Xa non era Brujita, era un gran monstruo cheo de pelos de colores, sen dentes e con mocos colgándolle da nariz!! ¡¡Xa podo ir á festa!! (exclamou) e adentrouse no bosque.


- ¡Qué ben que con este feitizo convertinme nun ..... monstruo!
¡Pero debo ter coidad de non mirarme nun.....espello! (Ramón)

- De pronto, un relámpago iluminou o bosque e nunha gran charca de auga puiden ver o meu reflexo. ¡Levaba un disfraz de monstruo e reflexábame como unha fermosa moza e pensei:

¡¡¡¡É a maxia da Maga Tomasa!!!!!

Pero ao día seguinte espertou e volveuse a ver na charca e seguía sendo un monstruo, o feitizo da Maga Tomasa desaparecera.

Brujita se divertira moito na festa, pero agora quería volver para ser unha meiga, e non un monstro.

-Éste é un castigo por mentirlle aos monstros do bosque- pensou.

Entón deciciu montar na súa basoira e viaxar a Vigo para ver á súa irmá, A Maga Tomasa, e pedirlle axuda.

No traxecto viu moitas gaivotas, coches, semáforos e xente, e finalmente chegou á casa da Maga Tomasa.

Na casa da Maga Tomasa encontrou a un monstruo que lle dixo:

- A maga Tomasa non se encontra neste momento".

Brujita púxose triste, pero non se rendeu e seguiuna buscando. Buscándoa por Samil, atopouse co mago Merlín, un feiticeiro de malas pulgas, que lle dixo onde estaba a Maga Tomasa.

- "A túa irmá Tomasa está a pasar uns días de lecer nas illas Cíes coa "Asociación de Magos e Bruxas das Rías Baixas"

- E non foron quen de me convidar ¡Isto non o vou a perdoar! - dixo Merlín moi enfadado.

Entón, Brujita, que aínda tiña o aspecto de monstruo pensou.....
- Teño que ir ás Illas Cíes, xunto da miña irmá ¿E cómo podo ir?. Xa sei, irei, irei, na miña basoira.

E brujita foi dereitiña ás Illas Cíes. Tivo sorte, ese día facía bo tempo. Cando chegou ás Illas Cíes, comenzou a buscar á súa irmá e de súpeto....

Encontrou á súa irmá debaixo dunha gran carpa cos magos do país. Estaban falando dos conxuros novos que o Concello de Vigo había proposto. Entón Bruxita acercouse e chamou Tomasa. Tomasa foi a vela e díxolle que tiña que ir ao sur do país para coller unha poción que a transformara outra vez en bruxa.

Comentarios

Entradas populares