Un saúdo

Benvidos a tod@s. Seredes moi ben recibidos neste novo espazo de lecer. Disfrutádeo.

28/5/08

Conto viaxeiro da Maga Tomasa 3ª parte

Moi obediente, foi ao Sur pero como había moito vento desviouse ao leste, atopouse en Ourense. Alí había unha fonte milagreira que o curaba todo. Ela puxo as mans por baixo do picho da auga, estaba moi quente, pero as súas mans transformábanse. Así que, acabou como era antes. pero ¡¡oh, non!! só as mans eran de bruxa, o resto do corpo era de monstruo. Non lle quedaba moito tempo, colleu de novo a súa basoira e decidiu rematar a súa búsqueda. Cando a xente do lugar lle dixo onde estaba a pócima levou medo porque se atopaba dentro dunha cova. Pero ela, chea de valor, entrou. Colleuna e empezou a beber. E de súpeto...

....As uñas empezaron a crecerlle e puxéronselle moi longas, e moitos pelos saíronlle polo corpo, e os dentes alargáronselle e retorcéronselle ata as orellas.
-¿Qué me está a pasar?- dixo Bruxita- Isto non é o que me dixo a miña irmá. Algo debín facer mal.
Entón mirou o frasco da pócima, que tiña unha etiqueta pegada e que dicía.......

"Pocimamala". Estaba moi asustada ao verse tan fea. Empezou a correr ata que non puido máis, e quedouse dormida. Pola mañá a brujita pensou que debía volver a cova e buscar a botella da "Pócima boa", aínda que non lle facía gracia volver, debía facelo. Comezou a andar e cando chegou á cova, buscou a botella, condo por fin a atopou, colleuna e leu a etiqueta, esta vez non se podía enganar, "Pócima boa", comezou a bebela, esperou un rato e... (Marta)
De súpeto empezáronlle a saír coma unha especie de gas pola boca, ourellas, nariz e tivo a impresión que se despegaba do chan, como así era. Inmediatamente o seu corpo ascendeu a unha velocidade, cal se fora un cohete, ata chegar ás estrelas. Bruxita non daba crédito do que lle acontecera.

- ¡Oh! ¡Que fermosura! ¡Que ven se mira todo dende aquí arriba! (Roi)

Pouco a pouco descendía sentíndose libre coma un paxaro, atravesaba as nubes que parecían estar feitas de algodón. E ata un arco iris, onde posou a disfrutar das cores que reflexaba. Dende alí observou unha pequena e fermosa cidade, e decidiu ir ata ela.
- ¡Que lugar tan fermoso!- dixo Bruxita - agora teño que buscar un espello onde poida mirarme...

No hay comentarios: