ABRIL, mes dos libros.

1. Mes da búsqueda nos libros científicos:
Durante este mes, na biblioteca da MAGA TOMASA, organizamos búsquedas de información para o alumnado do 3º ciclo, que nos levaron por unha viaxe intensa e interesante arredor do mundo.









2. Día do Libro.
Este mércores día 23 celebramos o noso DÍA DO LIBRO dun xeito moi, moi especial no cole de Navia.
O alumnado de 6º de primaria preparou con agarimo e ilusión, tres preciosas lecturas: "Nadarín", "Catarina, o oso e Pedro" e "A princesa do Caurel" para agasallar aos usuarios de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e ALENTO (Asociación de Persoas con Dano Cerebral Adquirido) que teñen as instalacións moi preto do noso cole.
Foi unha experiencia marabillosa,  enriquecedora  e emotiva para todos e todas.




Comentarios

Entradas populares