Cientificontos na nosa biblioteca

Onte, cando entramos na biblioteca, atopamos...
.....contos marabillosos sobre o mar ("La ola". Ed. Bárbara Fiore) e un polbo que quería ser algo diferente ("Non quero ser un polbo". Ed. OQO.)...
.....potas e polbos que puidemos observar, ulir e tocar.....
.....e unha fantástica lupa eléctrica coa que puidemos ver coma ENORMES, cousas que, en realidade, son pequeniñas.
Todo elo, da man de Luisa, unha verdadeira científica do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) que nos contou como comezou o seu amor polas ciencias mariñas e que nos fixo ver, un pouquiño, debaixo do mar.

Comentarios