ESTAMOS DESCONCERTADOS



O colexio, empapelado.

A semana pasada contáramosvos que no cole apareceron uns extraños carteis dicindo: Xa chega! Agora, as portas están empapeladas cunha nova mensaxe: Chegou!

Realmente, andamos moi desconcertados. Non sabemos se se trata dun truco de maxia da Maga Tomasa, ou dunha campaña publicitaria da ONCE.

Que credes vós? Que será o que chegou?

Axudádenos a desvelar o segredo contándonos nos comentarios quen (ou que) credes que chegou.


Comentarios