XUNTANZA DE AXUDANTES BIBLIOTECARIOS
Durante o recreo desta mañá un numeroso grupo de alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria acudíu á Biblioteca, convocados polas profes Patri e Laura. Unha primeira toma de contacto de cara a dinamizar a lectura dos seus compañeiros.
Que ganas tiñan de comezar! Cando pedimos dous voluntarios para axudarnos a ordear as estanterías erguéronse catorce mans, aínda que hoxe só lles tocou a Alba e a Pedro. E as catorce voces preguntaron se este ano tamén ían facer teatro. Nun intre máxico, sen acordo previo, comezaron a recitar a coro o texto de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
Está claro que, para eles, a Biblioteca da Maga Tomasa é un lugar de aprendizaxe e de lecer!
Comentarios