VISITANDO O PERGAMIÑO
Dende o alumnado de 5 anos ata o de 6º de Primaria, os nenos e nenas do noso cole estivemos esta semana no Museo do Mar coñecendo o Pergamiño Vindel.
(Preme na imaxe para ver máis fotos)
Estivemos atentísimos ás explicacións. Pero como xa sabiamos algunhas cousas, tamén deixamos impresionada á monitora.
Como por desgraza o tempo era limitado, aproveitamos o tempo coñecendo algo sobre o castro e o altar púnico da Punta do Muíño de Vento. E, como non, visitando o Acuario, onde a creatividade e a espontaneidade foi grande.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
Comentarios
LUCAS 6º DE PRIMARIA
Sabela 6º
Despois do pergamiño Vindel vimos o castro do Museo do Mar;é fermoso.
ALBA 6º E.P.
O que màis me gustou foi cando a guía ensinounos os instrumentos da época. Martín 6º