AS CANTIGAS DE MARTÍN CÓDAX EN PICTOS


Facer participar a todos do tesouro do Vindel.

Como sabedes, este curso estamos moi implicados no estudio do Pergamiño Vindel. Un tesouro que, pola súa fermosura e importancia, queremos dar a coñecer a todos.

E xa que, co gallo da visita do Pergamiño, as Cantigas ían ser traducidas a máis de cincuenta idiomas, pensamos... e por que non traducilas nós a pictogramas?

Pois aquí está o resultado: as sete Cantigas, axudadas a teclear polo alumnado de 4º curso de Primaria, en pictogramas. Premede na imaxe para acceder ó documento.





Comentarios

Entradas populares