O VINDEL DO CASTELAO


O resultado do noso traballo pola Semana da Prensa. 

Cun pouco de retraso dámosvos a coñecer esta fermosa actividade que desenvolvimos co gallo da Semana da Prensa.

Despois de analizar as novas aparecidas na prensa sobre o Pergamiño Vindel (consultar o post) e de organizalas nun mural que decora o andadeiro da escola (ver post) tocaba exercer de periodistas.

A cada nivel adxudicámoslle unha sección do periódico. O obxectivo era crear, entre todos, unha publicación titulada O Vindel do Castelao na que se recolleran os principais eventos acaecidos no centro en relación co noso PDI deste curso (Palabras que trae o mar).

A distribución foi a seguinte:
  • Educación Infantil: Anuncios
  • 1º curso de Primaria: Portada
  • 2º curso de Primaria: Sociedade
  • 3º curso de Primaria: Local
  • 4º curso de Primaria: Entrevista
  • 5º curso de Primaria: Editorial
  • 6º curso de Primaria: Opinión
E aquí tendes o resultado: un produto competencial e creativo. Premede na imaxe para acceder ó contido. 


Comentarios

Entradas populares