DIALOGANDO CON MARÍA CANOSA
E os nenos e nenas de 3º curso de Primaria.
Este curso, os rapaces e rapazas de 3º curso estiveron a ler A cazadora de estrelas. Por tal motivo, María Canosa achegouse ata a biblioteca do cole para compartir con eles unha hora chea de diversión e interacción.
Despois de salientar a maxia da lectura e a importancia do lector nesa maxia, comezamos a dialogar sobre os distintos personaxes: como imaxinabamos a Tegumi, a estreita relación con Turrón, a maldade de Zeus...
Finalmente, despedímonos dela coa firma de libros, e a suxestión de que escribise unha nova novela que tivera por protagonistas ós nenos da clase.
Pero aínda quedaba outra sorpresa: mostrarlle as fichas de traballo que fixemos sobre o libro e os cómics que temos inventado!
María deixou no Libro de sinaturas da biblioteca esta fermosa dedicatoria.
Para ver máis imaxes podedes premer neste enlace.
Grazas, María, for facernos soñar!
E grazas, profe Iago, e nenos de 3º, polo voso entusiasmo e interese na lectura!
Comentarios