NA IMPRENTA DO COLEXIO HOGAR



Para rematar o noso proxecto sobre a Idade Media. 

Na aula de 5 anos este final de curso resultou moi especial. Remataban a súa permanencia no ciclo de Infantil e graduábanse. Unha cerimonia que había que preparar con moito coidado.

Como estiveron tan entusiasmados coa Idade Media, quixeron reflectir esta época nun momento tan importante. Así que decidiron facer un concurso de debuxo: elixirían o dragón que ilustrase a súa camiseta.

Tamén quixeron coñecer como o seu deseño quedaba plasmado na tela. E organizaron unha última excursión ó Obradoiro de Impresión do Colexio Hogar. Todos (os anfitrións e os visitantes) quedaron encantadísimos coa visita.









E agora... a lucir a camiseta!


Comentarios