COMEZOU O EMPRÉSTITO!


E estreamos carnets. 

Esta semana, na Biblioteca, rematamos a primeira sesión de empréstitos co alumnado de Educación Primaria. Para iso tivemos unha sesión extra coa coordinadora, na que explicamos que libros podiamos coller (aínda estamos organizando a colección), canto tempo podemos ter os libros en empréstito, que procedemento imos seguir, a importancia de manter a orde nos andeis...

Neste proceso, os carnets de usuarios teñen un papel primordial. E, cunha biblioteca renovada... tiñan que ser novos! A nosa biblioteca pode presumir de carnets personalizados e plastificados!


Para ver máis momentos das sesións, premede na seguinte imaxe. 



Comentarios

SARA ha dicho que…
Xenial, estábano deseando!
Este ano abrirá tamén pola tarde para que ppoidamos acudir en familia?
Maga Tomasa ha dicho que…
Grazas, Sara!
Estamos niso. Xa vos daremos conta!