PARTIMOS DA ACTUALIDADE FUTBOLÍSTICA...


... e traballamos o Día do Maltrato de Xénero. 

Durante o vindeiro mes de xaneiro, a Supercopa de España de fútbol desenvolverase en Arabia Saudí. Ningunha canle televisiva vai retransmitir o evento. Aínda máis: hai uns días, os responsables da TVE sorprendíanos dicindo que renunciaban á Supercopa para evitar "blanquear" o réxime saudí.

Pero... que pasa nese país?

Pois poderíamos dicir que as mulleres, polo feito de selo, sufren un auténtico maltrato de estado que lles impedía, ata hai moi pouco, conducir ou votar.

Certo é que a situación da poboación feminina resulta extrema neste país, e que as propias leis a amparan. Pero... que ocorre en España? Está a muller libre de maltrato?

A seguinte presentación servirache para reflexionar sobre o tema e descubrir que, talvez, o maltrato está moito máis extendido do que pensamos no noso país.

(Preme na imaxe para acceder á presentación). 



Comentarios

Unknown ha dicho que…
Bó traballo!