COMEZA O NOSO PROXECTO


Investigando en equipo. 

No mes de outubro as cousas comezan a rodar na nosa Biblioteca. E un dos aspectos máis importantes é o noso Proxecto Documental Integrado. Cal será o título deste curso?

Para averigualo, o Equipo de Biblioteca deseñou unha caza do tesouro que, a través de diversas pistas e espazos, foi guiando á cativada. 

Todo comezou no vestíbulo do cole. Alí atopamos unha tableta, un código QR que nos permitiu escoitar as instrucións da Maga Tomasa e unha planilla para completar o título do proxecto. Ademais, cada ciclo tiña un sobre con diversas pistas: 

    • No primeiro ciclo, a cativada debía identificar diversos espazos da escola a través de fotografías. Unha vez nese lugar darían cunha clave para atopar unha das catro palabras do título e completar a súa ficha grupal. 

    • No segundo ciclo, cada pista incluía un plano da escola cun lugar sinalado ó que a rapazada debía dirixirse. Cando o conseguía, cada grupo recibía unha palabra do título para completar a ficha.
    • No terceiro ciclo, cada pista era un poema. Ó lelo, o alumnado debía recoñecer un lugar da escola ó que se dirixir. Ó chegar, cada grupo recibía unha palabra do título para completar a ficha. 


Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ás pistas organizadas por ciclos. 


O tempo non acompañou moito, e a Maga Tomasa tivo que botar man da súa maxia para que as pistas non se mollaran co diluvio que caía fora. E aínda así... non sabedes o ben que o pasaron e o moito que lles gustou a actividade ós cativos e cativas! Os de dicían espontáneos: Que divertido! Está xenial! E os de volvían á aula bañados en suor despois de corretear coma tolos polo exterior da escola atopando pistas. 

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos, e comprobar por vós mesmos... que non mentimos!


Ah...! Por certo! O noso proxecto deste curso titúlase A horta da Tomasa!





Comentarios