Magnífico día de convivencia
Co gallo do Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido.
O 26 de outubro celébrase o Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido. Como sabedes, ó carón da nosa escola temos uns marabillosos amigos e amigas que queremos e nos queren. Con eles compartimos momentos especiais ó longo do ano.
Durante todos estes días estiveron a prepararse para celebrar connosco o seu día, trasladarse ó colexio nas súas cadeiras de rodas e mostrarnos como son os obradoiros nos que traballan e os deportes que practican.
Tratouse dunha magnífica xornada de convivencia na que participamos usuarios de Alento, monitores, alumnado do Segundo Ciclo de Primaria e mestres.
Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a distintos momentos do día.
Rematamos a xornada retratándonos co xesto deste día.
Grazas por este día tan marabilloso!
Comentarios