INAUGURAMOS O NOSO ESPAZO DE COCIÑA
Cos rapaces e rapazas de 2º A.
Rematando o trimestre, a rapazada de 2º A decidiu cociñar algún dos produtos da nosa horta. Nesta época, as chalotas (patacas de aire) trepan polas rexas. E que mellor que facer con elas unha tortilla mesturada con patacas das de verdade?
Pois mans á obra: completamos o material de cociña, mercamos cebolas, ovos, sal, aceite e patacas, pan... e a cociñar!
Tamén aproveitamos para escribir as nosas receitas.
A merenda foi deliciosa: pan con tortilla de patacas.
Que arrecendo polos corredores! E que saborosa a nosa merenda!
Premede nesta imaxe para ver outras fotos da xornada.
Comentarios