SECUESTRO DOS LIBROS DO CLUB
Plan de rescate executado.
O xoves pasado os membros do Club de lectura recibiron un sobre nada máis chegar a clase. Nel convocábase unha xuntanza na Biblioteca durante a hora do recreo.
As novas non eran afortunadas: os libros do club de lectura, que ansiaban tanto ler, foran secuestrados!
Superados os retos, e antes de reunirnos outra vez na Biblioteca, recibimos un novo sobre con pistas para poder rescatar os libros.
Tratábase de palabras que, unha vez ordeadas, constituían unha frase: Os libros están enfronte da clase de 3º A e ao carón do comedor.
Para recoñecer o espazo contabamos tamén coa inestimable axuda do plano do colexio.
E resultou que o tal espazo era a Aula de PT.
Vaia sorpresa cando chegamos alí! Merendola, libro e agasallo!
Que ledicia comer xuntos unha saborosa bica!
Que emoción recibir nas mans o noso primeiro libro en común: Plan de rescate, de Antía Yáñez!
Que fachendosos co noso caderno cheo de poesía e baleiro de palabras por escribir e pensamentos por compartir!
Agora, a ler!
Premede na seguinte imaxe para ver máis fotos da xornada.
(Seguiremos informando)
Comentarios