PESCUDANDO NA PENZOL
Un programa para Radio Voz.
Este curso a nosa escola estivo presente en Radio Voz. Como saberedes por un post anterior, dúas redactoras desta cadena estiveron na biblioteca para explicarnos como funciona a radio.
Este programa constituíu unha auténtica tarefa que nos permitiu coñecer a vida de don Francisco Fernández del Riego, a súa obra, e afondar no texto epistolar.
Todo comezou con este material. Cada aula tiña asignado un fragmento narrativo sobre a vida de don Paco, que debía pasar a formato epistolar. Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó documento.
Logo, o alumnado de 4º creou un guión en forma de entrevista no que se deu cabida á participación de todo o alumnado de Primaria.
Grazas por esta oportunidade tan especial!
Comentarios