GRAVANDO COAS REDACTORAS DE RADIO VOZ
E falando de don Paco.
O pasado 29 de maio estiveron na nosa biblioteca Antía e Noelia, redactora e técnica de gravación, respectivamente, de Radio Voz.
O alumnado de 4º de Primaria, que levaba semanas coordinando o tema, participou na biblioteca dunha charla con Antía, na que falou sobre as emisoras de radio e os tipos de programas que se emiten.
Rematada esta, Leire e Pablo, asesorados por Noelia, exerceron de técnicos de gravación. (E abofé que aprenderon un montón: tanto como para darnos clase).
E comezou a gravación do noso programa, no que, tras a presentación de catro alumnos de 4º, participou un alumno ou alumna de cada aula de Primaria.
Nun post posterior, cando teñamos a gravación montada, explicarémosvos o proceso de creación do programa.
Mentres deixámosvos co álbum de fotos do día, ó que poderedes acceder premendo na seguinte imaxe.
Grazas, Noelia e Anría, polo moito que nos aprendestes.
Comentarios