VOANDO CON FRIDA KAHLO

E as súas bolboretas. 

O alumnado de 5 anos traballou sobre Frida Kahlo para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Un exemplo de creatividade e de loita contra a adversidade que nos emociona a todos. 

No seu caderno de arte os cativos reproduciron o cadro Bolboretas, e completárono cunha frase da propia autora: 

Pés, para que vos quero

se teño ás para voar

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos. 


Parabéns polo voso traballo tan precioso, rapazada!




Comentarios