AS FAMILIAS CONTAN

Na nosa biblioteca escolar, sempre buscamos formas de implicar ás familias na educación dos máis pequenos polo que as familias contan é unha das actividades máis especiais para os máis cativos de infantil.

É unha experiencia que vai moito máis alá de simplemente ler: é un momento máxico de conexión, complicidade e aprendizaxe, fortalecendo os vínculos familia-escola.


Desde a biblioteca, queremos agradecer a todas as familias que fan posible esta actividade. A vosa implicación é esencial para crear un ambiente rico en aprendizaxe, valores e, sobre todo, moita ilusión.

E vós? Animádesvos a contar un conto?


Comentarios