XUNTANZA DO CLUBE DE LECTURA

O luns 10 de decembro reuniuse de novo o clube de lectura co alumnado par

Nesta ocasión o Clube de lectura de 5º e 6º aproveitou para intercambiar opinións sobre o libro "Plan rescate" de Antía Yáñez.

Este libro, foi unha experiencia única para os nosos lectores máis novos, que non só desfrutaron dunha historia cargada de aventura, senón que tamén reflexionaron sobre valores como a amizade, a cooperación e a importancia de loitar polos nosos soños.

“Plan Rescate” narra as peripecias dun grupo de rapaces que se unen para levar a cabo unha misión moi especial. O libro combina acción, humor e moita intriga.

Xuntos elaboraron un mural onde puideron escribir as súas opinións e o deixaron exposto no corredor da biblioteca. 



Se aínda non lestes “Plan Rescate”, animádevos! A aventura está garantida.

Foi un pracer contar con todas as súas aportacións a este libro. Levaron para casa o libro "Milú e o edificio das persoas extraordinarias" de Abel Tomé que estamos seguros será un éxito.





Comentarios