8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano, a proposta do equipo de convivencia para o 8 de marzo foi deixar as nosa pegadas, AS PEGADAS DA IGUALDADE. Pois cando camiñamos xuntos, nenos e nenas, homes e mulleres, faremos un camiño máis bonito, máis xusto e con máis respecto. Por iso cada neno decorou a súa pegada e nela escribiron mensaxes ou debuxos pola igualdade de xénero. 

Con todas elas creamos un camiño de igualdade porque pasiño a pasiño, faise o camiño. 

Ademais en Infantil fixeron outras cousiñas para seguir traballando o tema: 

O alumnado de 3 e 4 anos sementando igualdade creando un “Xardín da Igualdade” chea de flores feitas coas súas propias mans. 

Pola súa parte, os nenos e nenas de 5 anos falaron sobre as mulleres máis importantes das súas vidas: mamás, avoas, irmás, mestras… e contaron por que son importantes para eles.


O alumnado de 6º de primaria aproveitou para investigar sobre diferentes mulleres que fixeron historia polas súas grandes aportacións ao mundo da ciencia que podedes ver picando na imaxe. 





Comentarios