PAPÁ CANÍBAL DE ANTONIO FRAGA
O pasado 14 de marzo, a nosa biblioteca tivo a sorte de recibir a visita do escritor Antonio Fraga, quen veu compartir connosco a súa obra Papá Caníbal. A sesión foi unha experiencia única para os nosos lectores, que gozaron coa súa forma de contar historias e co seu sentido do humor.
A visita rematou cunha sinatura de exemplares e cun intercambio de impresións entre o autor e os lectores.
Desde a biblioteca queremos agradecer a Antonio Fraga pola súa xenerosidade e pola paixón coa que nos transmitiu o amor pola literatura.
Pola súa parte, o alumnado de 4º quiso deixar constancia das súas opinións nunha reseña grabada na Radio Castelao.
Comentarios