BENVIDOS A UN NOVO CURSO CHEO DE MAXIA E FANTASÍA

Comezamos un novo curso cheos de ilusión, ganas de aprender e, sobre todo, de imaxinar e soñar!

Este ano o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) levaranos por un mundo máxico onde todo é posible: castelos encantados, seres fantásticos, apócemas misteriosas, variñas máxicas, bosques cheos de segredos…

A través da maxia e a fantasía, descubriremos novas formas de coñecer o mundo, de expresarnos e de traballar en equipo. A escola converterase nun espazo máxico onde cada día traerá unha nova aventura e onde todos e todas seremos un pouquiño aprendices de magos e magas e, quen sabe, quizais ata descubramos o nosos propios poderes especiais!

Preparade os vosos sombreiros de mago, os libros de encantamentos e as vosas variñas máxicas... comezamos!



Comentarios