25N: DÍA DA ELIMINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Este 25 de novembro, o noso centro convértese nun lugar onde mirar o mundo doutra maneira: poñendo as gafas da igualdade.

Desde a proposta do equipo de convivencia do centro, traballamos cada día para construír relacións baseadas no respecto e na empatía. Poñer as gafas da igualdade significa aprender a ver máis alá do que temos diante :a detectar estereotipos, a cuestionar roles e desigualdade, a entender que a violencia se constrúe desde o desigual e  que a educación é o mellor antídoto.

Para iso o equipo de biblioteca fixo unha selección de lecturas para os diferentes niveis e preparou un obradoiro de elaboración de varitas máxicas para eliminar a violencia. 

Ademais o alumnado de 3º de primaria preparou un programa de radio cuns “Feitizos polo 25N”

O alumnado participou creando conxuros e encantamentos simbólicos para eliminar comportamentos violentos e potenciar actitudes de respecto, igualdade, amizade e coidado.

O alumnado de Infantil tamén participou, creando unha poesía colectiva que nos lembra o poder de mirar con igualdade desde a primeira infancia e grabouna na radio.


O 25N non é unha data illada: é parte do noso compromiso continuo coa convivencia. Poñer as gafas da igualdade é un xesto simbólico, pero tamén unha invitación a mirar, pensar e actuar para construír un centro máis xusto, seguro e respectuoso para todas e todos.


Comentarios