ANXO IGLESIAS

O 16 de abril tivemos a sorte de recibir no noso colexio ao escritor Anxo Iglesias.

Durante as semanas previas, o alumnado de 6º de primaria estivo a traballar o seu libro Tacón, punta, tacón, descubrindo unha forma diferente e divertida de achegarse á poesía.

Na súa visita, Anxo amosounos que a poesía non é algo difícil nin aburrido, senón todo o contrario: pode ser creativa, sinxela e incluso pode acompañarse con movemento e baile. Foi unha experiencia moi dinámica na que participamos activamente.

Queremos agradecerlle a Anxo Iglesias que compartise o seu tempo e traballo con nós, e por axudarnos a ver a poesía cunha nova mirada.




Comentarios