ENCONTRO CON LUCÍA RODRÍGUEZ
Na nosa biblioteca tivemos a sorte de recibir unha visita moi especial: a autora do libro "Biscoito de castañas" Lucía Rodríguez achegouse ao noso centro para compartir un ratiño cos nenos e nenas de 4 anos.
Veu presentarnos o seu novo libro, unha historia doce e chea de maxia e fantasía.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que fomentou o gusto pola lectura e achegou aos máis pequenos ao mundo dos libros e das historias contadas de primeira man pola súa autora.
Moitas grazas, Lucía, por esta visita tan bonita!
Agardamos verte de novo moi pronto na nosa biblioteca.
Comentarios