OS REFRÁNS DE MAIO SOAN EN RADIO CASTELAO
Este mes de maio, o alumnado de 3ºA participou nunha nova experiencia de
radio escolar elaborando un podcast dedicado aos refráns populares
relacionados con este mes tan especial. A través desta actividade, os
nenos e nenas achegáronse á tradición oral galega, descubrindo a sabedoría
que agochan os refráns transmitidos de xeración en xeración.
Ademais, esta proposta permitiunos poñer en valor as nosas tradicións e a
riqueza da cultura popular galega. Os refráns forman parte do noso
patrimonio inmaterial e axúdannos a manter viva a lingua, as costumes e os
coñecementos populares ligados á natureza, ao tempo e á vida cotiá.
O alumnado desfrutou moito da experiencia radiofónica, converténdose en
auténticos locutores e locutoras por un día. Sen dúbida, unha actividade
motivadora coa que seguimos aprendendo, comunicando e mantendo vivas as
nosas tradicións.
Comentarios