COÑECE VIGO CON MARTÍN CÓDAX
Descubrindo a pegada de Martín Códax na nosa cidade.
Queridas familias:
Investigando sobre o Pergamiño Vindel, a Maga Tomasa descubríu que existen varios monumentos en Vigo adicados a Martín Códax. Así que alí foi coa súa cámara fotográfica e o seu caderno de notas. Mais, por arte de birlibirloque, as anotacións desapareceron. Queredes axudala?
Fixádevos ben na imaxe que acompaña este post. Está situada ó pé dun monumento fantástico. Descubride de que monumento se trata, acudide xunto a el, e facédevos unha foto en familia. Logo, mandédea a:
biblionavia@gmail.com
En asunto, indicade: Coñece Vigo con Martín Códax.
Pasaredes un día divertido en familia, aprenderedes a apreciar os nosos monumentos, e coñeceredes mellor a nosa cidade.
Quen vai ser o primeiro...?
Comentarios