RETOMANDO O 25 - N
Con tanta maxia de birlibirloque facendo orde na Biblioteca, a Maga Tomasa vai traspapelando o que se trae entre mans. E agora ten sacado da chistera as fotos dos debuxos que os nenos e nenas de 2º fixeron despois de falar sobre o Día Internacional contra o Maltrato.
Porque os cativiños tamén fixeron actividades de sensibilización.
A historia de base foi La Cenicienta que non quería comer perdices.
(Premede no enlace para ler a historia)
Tras a lectura e a reflexión, os rapaces e rapazas de 1º adornáronse con pulseiras violetas.
E os de 2º ilustraron (tamén en cor violeta) as súas propias conclusións.
Comentarios