TEO COÑECE ALGO MÁIS DE VIGO...


... seguindo o rastro de Martín Códax. 

Teo (5 anos) e máis a súa familia foron os primeiros en contestar á proposta da Maga Tomasa Coñece Vigo con Martín Códax. Así descubriron que a placa que publicaramos nun post anterior corresponde ó monumento titulado A fada e o dragón, obra de Xaime Quessada situada no Paseo de Alfonso, á sombra da oliveira do noso escudo.

A escultura pretende ser unha homenaxe á tradición oral de Galicia, e ós seus poetas e trobadores medievais.



A pesar da pronta resposta de Teo, esperamos moitas imaxes de todos vós retratándovos neste lugar máxico e disfrutando desta marabillosa escultura. 

Grazas, familia!


Comentarios