OUTRA VEZ CON ÁNGELES ESCRIBANO


Falándonos de Roald Dahl. 

Teacher Mónica é unha grande amiga de Ángeles Escribano. Así que convidouna para falar de Roald Dahl á rapazada de 6º curso de Primaria. Lucía, alumna deste curso, fíxonos este resumo da visita:

Primeiro, a profe Mónica repartiunos as invitacións.



Ó chegar á Biblioteca, Ángeles levaba un aparato que foi poñendo enriba de cada invitación. Un por un tiñamos que dicir "pi" cando era a nosa quenda.

Máis tarde contounos datos da biografía de Roald Dahl mentres se vestía co que parecía o traxe dun pallaso.

Despois fixemos un xogo que consistía en que un neno ou nena posto de pé frente ós demais facía mímica para que os espectadores adiviñásemos o título dun dos libros que escribiu Roald Dahl.

Por último, Ángeles falounos dun matemático (Moebius), e aprendeunos que ó recortar tres cintas, dependendo de como se peguen os seus extremos, rematan tendo distinta forma.

Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da sesión:


E aquí deixámosvos un pequeno vídeo - resumo con algúns intres da sesión:



Como vedes, unha sesión moi ben aproveitada.

Só nos queda dar un grazas enorme a Ángeles, por querernos tanto e estar sempre disposta a pasarse pola nosa escola; e tamén a Lucía por resumir tan ben o que vivimos, e á Teacher por facer de reporteira gráfica.

Comentarios