S.O.S.


Lixo no Alba. 

Hai uns días, a familia de Tiago e de Andrei enviounos unha poética imaxe. Hoxe achéganos dúas para denunciar o xeito en que tratamos a natureza.

A foto foi tomada o día 17 de abril no Monte Alba, unha das zonas arrasadas polos lumes do 2017. Non di moito de nós que, despois dese episodio tan arrepiante, o monte siga cheo de desperdicios?


Grazas, familia!

Comentarios