TRABALLANDO POR GRUPOS...


... na Hora de Biblioteca. 

Esta mañá, co alumnado de 1º de Primaria, comezamos unha experiencia nova, para ir implantando actividades relacionadas coa Biblioteca Creativa: os obradoiros rotativos.

Organizamos ó alumnado en grupos de catro alumnos, e os distribuimos deste xeito:
  • Formación de usuarios
  • Dimo con letras
  • Obradoiro de pareados
  • Palabras encadeadas
  • Ensalada de contos
Estes son algúns dos pareados que inventaron Leire, Mohamed, Candela e Bruno

A mestra 
me da a merenda

Fun á festa 
e me toucou unha mesa

Eu teño un estoxo
e un reloxo


Se premedes na seguinte imaxe poderedes comprobar o bo ambiente que se repiraba na Biblioteca: 


A vindeira semana continuaremos... pero cambiaremos de obradoiro!


Comentarios