CANTA INFORMACIÓN NUNHA PORTADA...!
Comezou a Formación de Usuarios en 1º e 2º de Primaria.
A semana pasada comezamos as actividades de Formación de Usuarios. Nesta ocasión tratouse de recoñecer que, sen abrir un libro, podemos obter moita información tan só analizando a cuberta. Tanto as letras como as imaxes poden aportarnos moitos datos. Así, collimos un texto marabilloso: O libro dos Porcos, de Anthony Browne, e intentamos averiguar que nos podía contar.
As respostas foron do máis acertadas. Pero, para comprobalo, decidimos ler o conto.
Finalmente, toda a rapazada traballou coa cuberta dos libros que levaron en empréstito, descubrindo toda a información que nela se recollía.
Se premedes na imaxe poderedes ver máis fotos da sesión.
Comentarios