BUSCAR


O noso primeiro Conto confinado. 

Este curso, por mor da pandemia, as familias non poden achegarse á escola para contarnos os seus contos. Pero... maxia! As novas tecnoloxías permítennos facelo dende casa!

Na clase de 5 anos A xa empezaron a enviar os seus. Nesta ocasión, Carolina e Pablo cóntannos Buscar, de Olga de Dios Moitas grazas, familia!



Seica pasaron un rato divertidísimo preparándoo, e nós, escoitándoo. 

E, para lembrar este conto, os cativos recibiron na aula un agasallo: o mural de Bu, que axiña pintaron na clase. 

Quen se anima a enviarnos outro conto confinado?


Comentarios