O QUE NON SE VE DETRÁS DUNHA CARA


 










Que sabes dos refuxiados?

A pandemia do coronavirus restou actualidade a un problema emerxente no mundo: a crise dos refuxiados

Sabes que é un refuxiado?

Sabela e Laura, dúas compañeiras de 6º de Primaria que, ademais, son alumnas bibliotecarias, cóntannos un conto da Biblioteca co que entenderedes perfectamente que é unha persoa refuxiada. 


Os nenos e nenas son os refuxiados máis vulnerables. Este curto vídeo de UNICEF pode darnos moito que pensar ó respecto. 


Efectivamente, os refuxiados son persoas coma ti e coma min, que tamén teñen soños por cumprir, algúns ben fermosos. 

O tema dos refuxiados non é novo. Ó longo da historia moitísimas persoas tiveron que deixar os seus países por mor da guerra, da fame, das súas ideas, da súa raza ou da súa relixión. 

Sen embargo, axiña o esquecemos. Sabías que existen moitísimas persoas importantes que, no seu momento, foron refuxiadas?

Durante estas semanas, os diferentes grupos darédesnos a coñecer algunhas delas. 

Comentarios