CASTAÑAS ASADAS...
... e viño con mel!
A riqueza da horta en outono é incrible: noces, castañas, cabazas, laranxas, mazás, peras, kiwis, mel, uvas, grelos... Un sinfín de produtos saudables que podemos degustar de xeitos moi variados.
Por iso gustaríanos implicarvos nunha tarefa moi familiar: a cociña. Que tal si, entre todos, facemos un Receitario de Outono?
- Elixide un produto de outono e pasádenos a receita.
- Para iso, descargade este arquivo ppt para anotar os ingredientes e o xeito de facela.
- Podedes engadir unha foto cociñando a vosa receita.
Cando teñades todo feito, enviádenos a vosa receita a:
magatomasa@ceipcastelaovigo.com
Aquí vos deixamos un modelo para cumprimentar o voso documento.
A poñer o mandil!
Comentarios