VERDE SOBRE LILA
25-N: Sementando esperanza.
Para celebrar o 25-N, ademais do precioso mural elaborado polo alumnado de 4 anos, a meirande parte das aulas participou nunha fermosísima iniciativa que tivo como obxectivo sementar esperanza diante da lacra da violencia de xénero.
Para comprender un problema non hai nada como calzar os zapatos de quen o padece. Por tal motivo, a rapazada trouxo á escola calzado que quedou pequeno, e pintárono de lila.
Logo, encheron os zapatos con terra e sementaron bulbos. Esperamos que axiña prendan e medren verdes.
Podedes ver máis imaxes do día premendo no seguinte enlace.
Unha fermosísima metáfora coa que manifestar o noso rexeitamente á violencia de xénero.
Comentarios