De ladeira a horta


Así se transformou en dous días. 

Nada máis que dous días fixeron falta para que parte da ladeira que linda co edificio de Infantil se transformase en catro bancais preparados para converterse nunha horta. 

Grazas á colaboración dos nosos amigos e amigas de O Cerquiño, esa zona verde de terra mala quedou convertida nun horto con catro bancais. Toda unha tarefa de reciclaxe na que aproveitamos restos orgánicos para mellorar a calidade da terra e troncos donados pola Comunidade de Montes de Vincios para conter os sucalcos. 

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver o proceso de transformación que experimentou o espazo. 


Agora, despois da ponte... a sementar!

Comentarios