O INVERNADOIRO CAMBIA DE SITIO

Pero a Maga Tomasa non tivo nada que ver. 

Hai cousas que, aínda que semellan máxicas, teñen unha explicación racional. Sen embargo, detrás delas existe un substrato de maxia e ilusión, como as que puxeron varias das nosas familias a fin de semana pasada. 

En lugar de ir pasar a tarde ó parque xuntáronse no xardín da escola, e armados con diversas ferramentas, e mesmo cun camión grúa, obraron o milagre: o invernadoiro subíu polos aires e trasladouse dende unha zona sombría a outra máis soleada próxima á nosa horta. 


Pero non foi tan doado coma o pintamos. Requiriu un proceso de días: falar cos veciños de APAMP para que nos permitisen o paso, podar a nogueira, soltar os anclaxes, igualar o chan, volver anclar...

Tamén aproveitaron para axudar ó profe Roi a montar a nosa nova composteira. 


Podedes ver todo o proceso premendo na seguinte imaxe: 


Moitísimas grazas, familias! Estamos orgullosísimos de vós! E das cousas máxicas que conseguides cando traballades xuntas!





Comentarios