PREPARANDO AS SESIÓNS DE CONTACONTOS

Co alumnado bibliotecario de 5º de Primaria. 

O alumnado bibliotecario de 5º de Primaria está entusiasmado preparando as súas lecturas, de cara ás sesións de contacontos que compartirá coa rapazada de Educación Infantil a partir de xaneiro. 

Para iso está a traballar sobre seis títulos, empregando para cada un deles diferentes técnicas: 

    • Bailar nas nubes
    • Unha eiruga moi larpeira
    • Maruxa
    • Chibos chibóns
    • Pequeno azul, pequeno amarelo
    • O gato maragato

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos. 



Comentarios