VOLVEMOS Á NORMALIDADE!

As familias veñen contarnos contos. 

Tras un lapso obrigado por mor da pandemia, por fin poidemos recuperar unha das nosas actividades máis satisfactorias: a Hora do Conto nas aulas de Educación Infantil

As familias acoden con ganas, e os cativos e cativas participan con moito interese na narración dos seus contos favoritos. 

Así, no mes de novembro pasaron pola aula de 5 anos A cinco familias: as de Alén, Pedro, Sofía A., Artai e Miguel. Cada unha co seu conto: Carabuñas, O monstro azul, A verdadeira historia de Carpuchiña Vermella, Con Tango son tres e Leotolda

Se premedes na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos. 


Grazas, familias, pola vosa disponibilidade e creatividade!



Comentarios