QUE CHULOS QUEDARON OS NOSOS RENOS!
Obradoiro de circuitos eléctricos en papel.
O terceiro obradoiro no que participou o alumnado de 1º de Primaria durante o mes de novembro foi o de circuitos eléctricos en papel. A proposta foi crear un reno para a nosa árbore de Nadal ó que se lle acende o narís.
Un traballo moi completo, xa que, ademais de comprender como se transmite a electricidade, tivemos que traballar a motricidade fina recortando, pegando, trazando liñas ou extendendo a tira condutora de cobre.
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos.
Comentarios