ANTÓN CORTIZAS ESTIVO AQUÍ

Aprendéndonos a xogar xogos tradicionais. 

O 15 de maio tivemos o orgullo de ter connosco a Antón Cortizas, mestre xubilado experto en xogo tradicional. Cabe salientar que esta foi unha proposta das familias que forman parte do Consello Escolar.

Pola mañá, Antón estivo nas aulas de 5º e 6º de Primaria aprendendo á cativada a facer xoguetes tradicionais. 

Podedes gozar dalgúns intres deste encontro no seguinte vídeo: 


E premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos. 


Pola tarde, a ANPA organizou unha entrañable charla para as familias.


Grazas, Antón, por compartir connosco a tradición e a túa sabedoría!




Comentarios