TODOS Ó TEATRO!

 

Co Baúl da Tía Tola

Organizado pola ANPA, o pasado día 16 de xuño acudiu todo o colexio ó Centro Cultural e Veciñal Emilio Crespo para participar nun espectáculo teatral. Tratábase da obra Lixo, da compañía Baúl da tía Tola

Resultou unha xornada magnífica por tres motivos: 

  • por gozar dun espectáculo teatral en vivo;
  • por permitirnos coñecer mellor o noso barrio e colaborar, por primeira vez, co Centro Cultural Emilio Crespo; 
  • pola temática da propia obra, relacionada coa reciclaxe.
Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos. 


Grazas a todos por esta magnífica xornada!


Comentarios